 |
 |
 |
|
 |
 |
 |
12/05/2010 |
 |
|
 |
Xornadas Internacionais sobre administración local |
 |
O martes participei nunha mesa redonda dentro das Xornadas Internacionais sobre a administración local na que estiven acompañado do director xeral de Administracións Locais da Xunta, Norberto Uzal; o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, Carlos Antonio Fernández; o alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes; o profesor Andrés Precedo Ledo; e os representantes do Partido Popular, Antonio Rodríguez Miranda, e do Partido Socialista, Mar Barcón.
Na mesa redonda voltei a postularme a favor da fusión dos concellos para mellorar a súa xestión e atención aos cidadáns e avoguei por poñer en marcha mecanismos semellantes aos sistemas institucionais de protección (SIP) das caixas de aforros para dar pasos na realización de cousas en conxunto por parte de diversos concellos ata chegar, a medio ou longo prazo, a creación dunha única entidade local.
En 30 anos non se fixo nada para mellorar a xestión da administración local, polo que vai sendo hora de darlle unha volta. É necesaria unha reforma das deputacións provinciais, así como buscar solucións para as deficiencias que presentan os concellos.
 |
 | |
 |
|
|
|