 |
 |
 |
|
 |
 |
 |
10/05/2010 |
 |
|
 |
Goiás ten novo local social |
 |
O domingo, coincidindo ca celebración das festas de Goiás, inauguramos o novo local social da parroquia, que xunto ao de Donramiro é dos máis signulares do Concello pola súa capacidade e espazo.
Con este novo local social, a parroquia de Goiás mellora os seus servizos e dispón dun centro de encontro como se merece unha das parroquias máis grandes do Concello e o tempo máis activa. Ademais, ca construción deste local cumprimos un vella petición dos veciños da parroquia.
Na inauguración, renovamos o compromiso cos veciños de acometer unha segunda fase que servirá para acometer a construción dunha instalación deportiva que sirva para que os xóvenes e os veciños en xeral poidan facer deporte sin sair da parroquia.
Foron moitos os veciños que se me achegaron no campo da festa para me comentar o ben que quedaron as instalacións.
Só queda que os veciños lle den toda a vida que se merecen unhas instalacións de este tipo.
 |
 | |
 |
|
|
|