04/05/2010
Xuntanza de traballo na Aula da UNED
O luns reunímonos os membros do grupo de goberno na Aula da UNED para planificar o traballo que nos queda por diante neste ano que resta de mandato.

Foi unha xuntanza intensa que durou maís de 5 horas, xa que rematamos pasadas as 10 e media da noite, e foron moitos os temas que abordamos e que temos que poñer en marcha ou materializar para cumprir co noso compromiso cos lalinenses.

Abordamos temas como todo o relativo a Sanidade e aos servizos no rural, como pistas, saneamentos, traídas, etc e o remate das obras que están en marcha no noso Concello.

Como os temas a abordar eran moitos, non deu tempo a abordar todo o que tiñamos en carteira e continuaremos o vindeiro luns.



 
 
 
O magazine
A tertulia de Radio Líder dos xoves
 
   
Xuntanza de traballo na Aula da UNED
Rehabilitado o local social de Palmou
Gran organización do Enduro de Lalín
A fachada do novo Concello a piques de se rematar
Os mellores pastores alemáns en Lalín
Ampliación da Carballeira das Casianas
 
   
 
Galicia Diario
Galicia Confidencial
Confidencial Galicia
Libertad Popular
   
 
Álbum política  
Álbum política  
Álbum persoal  
Álbum persoal  
Álbum outros  
Álbum outros