 |
 |
 |
|
 |
 |
 |
19/04/2010 |
 |
|
 |
A fachada do novo Concello a piques de se rematar |
 |
A nova casa do Concello parecese cada día máis ao que será unha vez rematada. Con boa parte da fachada colocada e a apenas un mes de que por fora o edificio este caseque rematado, visitei o venres as obras con Mansilla e Tuñón e con Rey Pichel, o director xeral de Patrimonio Cultural.
Ademais de moita xente traballando tanto na fachada como na colocación dos servizos, pudemos ollar que os espazos están cada día máis delimitados e podese apreciar como será nun futuro.
O compromiso da empresa mantense e afirman que en setembro, senon hai novidade, poderemos ter o edificio rematado quedando só para ter o edificio en funcionamento os acondicionamentos exteriores e o amoblamento e dotación dos servizos que falten.
A todos os que participaron na visita sorprendeulles o gran tamaño das instalacións e a beleza interior do edificio.
 |
 | |
 |
|
|
|