 |
 |
 |
|
 |
 |
 |
30/03/2010 |
 |
|
 |
Remataron os cocidos do Camiño |
 |
O "pot au feu" francés puxo o punto e final a primeira edición dos cocidos do Camiño cun notable éxito de asistencia de público. O cocido elexido para pechar o evento foi, precisamente, o de máis lonxe e, probablemente, o máis diferente ao noso.
Ca carne de vacún como elemento principal, o "pot au feu" presenta texturas e sabores menos contundentes que os cocidos do noroeste penínsular (cocido de Lalín, cocido maragato ou cocido lebaniego). Chama a atención a incorporación de apio e allo porro que non noso cocido non aparecen.
Con respecto aos aditamentos, a sopa tradicional co que a presentaron, chamada torrin, foi valorada pola maioría como esquisita. O lixeiro saber a grasa de oca aporta un sabor diferenciado á da nosa cociña.
Un bo colofón para unha experiencia que continuará o vindeiro ano e que traerá a Lalín os cocidos maís deliciosos e coñecidos do camiño. Unha peregrinaxe gastronómica que ten parada e fonda no vindeiro xacobeo, en 2021.
 |
 | |
 |
|
|
|