 |
 |
 |
|
 |
 |
 |
22/03/2010 |
 |
|
 |
Lalín viveu unha ponte de San Xosé moteira |
 |
Non me cansarei de dicilo, Lalín e as súas xentes teñen un vencellamento especial co mundo do motor, só así se entende o éxito consecutivo dos dous eventos celebrados nas dúas últimas fins de semán.
O ralli do Cocido encheu as rúas da vila e as estradas de comarca de afeccionados e só sete días déspois a concentración moteira voltou a dar ambiente de motor á vila con multitude de afeccionados e as súas monturas, procedentes de diversos puntos do pais.
O domingo, ademais, puiden ter participación activa nos eventos da concentración moteira, xa que estiven a participar na ruta por Vila de Cruces e Agolada. Un paseo no que tamén participou o conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, que chegou dende a súa casa en moto e estivo a acompañarnos toda a mañá.
A presencia de Alfonso Rueda confirmou a boa sintonía que os membros do actual goberno teñen con Lalín e non dudan en aproveitar a ocasión para nos visitar.
 |
 | |
 |
|
|
|