22/03/2010
O portugués, un cocido semellante ao noso
O sábado presentamos e degustamos o "cocido á portuguesa" que Aurora Soares preparou con todo o agarmimo no Pazo de Bendoiro e que sirveu de aderezo á visita dunha notable representación da cámara municipal de Penafiel, co seu alcalde, Alberto Santos, á cabeza.

O rexedor desta próspera e históricda cidade portuguesa, nas próximidades de Porto, é un político polifacético que me causou unha magnífica impresión e co que compartín moitos minutos falando de cuestións tanto de orde municipal como de cuestións que nos son propias as dúas vilas.

Un home moi interesado en mellorar o seu concello e en dar proxección a todo aquelo que ten que ver cunha cámara municipal, que como a nosa, ten multitude de freguesías (as nosas parroquias).

Polo demais, o "cozido a portuguesa" estaba esquisito e puidemos apreciar as súas similitudes co noso. Carne de porco afumada, patacas, moitas variedades de distintas carnes como confluencias e arroz, cenouras e postres marcan as diferencias. En todo caso, dos tres cocidos que levamos probados, este é o maís parecido ao noso".

 
 
 
O magazine
A tertulia de Radio Líder dos xoves
 
   
Xuntanza de traballo na Aula da UNED
Rehabilitado o local social de Palmou
Gran organización do Enduro de Lalín
A fachada do novo Concello a piques de se rematar
Os mellores pastores alemáns en Lalín
Ampliación da Carballeira das Casianas
 
   
 
Galicia Diario
Galicia Confidencial
Confidencial Galicia
Libertad Popular
   
 
Álbum política  
Álbum política  
Álbum persoal  
Álbum persoal  
Álbum outros  
Álbum outros