 |
 |
 |
|
 |
 |
 |
09/03/2010 |
 |
|
 |
Distinción ás mulleres emprendedoras |
 |
O luns entreguei os premios ás mulleres emprendedoras que levan o nome de dona Maruja Gutiérrez. Uns premios que sirven para recoñecer o esforzo dunhas mulleres empresarias que sobresaen e sobresairon en diversos eidos da díficil vida dunha empresa.
Nunha sociedade con fondas raíces matriarcais como a nosa, non é difícil atopar exemplos de mulleres emprendedoras e con folgos suficientes para competir nun complicado mundo como o empresarial, colleitando notables éxitos.
Se antano foron parte indispensable da sociedade rural, sendo en moitos casos as auténticas administradoras das explotacións agrícolas e gandeiras; hoxe en día, incorporaronse a esa casta empresarial que forman os emprendedores do noso Concello como líderes vitais e indispensables de un bon número de empresas.
O xurado recoñeceu co seu premio a NÉLIDA CASTRO GRANJA, empresaria e nai de dez fillos. Un exemplo de muller emprendedora que soubo compaxinar a doble tarefa de nai e empresaria. Puxo en marcha coa familia unha carnicería, o hotel Palacio e unha cafetería e con 78 anos segue vendendo carne nas feiras déspois de case 50 anos de singladura empresarial.
No apartado de empresaria emprendedora, o xurado outorgou a distinción a MARÍA PILAR FERNÁNDEZ COSTOYA, xerente de Agrodeza. Aos 24 anos comezou a súa andadura como empresaria, convertíndose nunha das primeiras mulleres de España en poñerse ao fronte dunha comercial de veterinaria. Os membros do xurado recoñeceron a valentía de ter aberto unha liña emprendedora nun eido non habitual para as mulleres e o traballo realizada cara a un colectico crucial para o concello como o agrario.
A distinción a xove empresaria receau en MARÍA FÉ FONTÁN, xerente da empresa Clinident Lalín dende xuño de 2002. Montou a clínica Clinident Deza, co obxecto de facer accesible a sanidade bucal a persoas con discapacidade ou persoas da terceira idade. A firma emprega na actualidade a 19 persoas e destacase pola colaboración en iniciativas sociais como “Vacacións en Paz” e por facilitar a conciliación da vida familiar a laboral.
Uns premios que conforme vaian pasando os anos van a recoller a un elenco de mulleres empresarias que forman parte indispensable da casta empresarial lalinense.
 |
 | |
 |
|
|
|