 |
 |
 |
|
 |
 |
 |
01/12/2009 |
 |
|
 |
O Cocido, reclamo de Turexpo |
 |
A degustación de cocido na inauguración do certame Turexpo, na Feira de Galicia, foi todo un éxito. Despois dos parlamentos, e de visitar os dous stands institucionais da Xunta, estivemos no stand de Lalín que amosou o seu gran atractivo en forma de degustación dun mini-cocido a base de lacón cocido e de cazolas de garbanzos con chourizo que estaban exquisitas.
O noso prato típico deixou moi bo sabor nese mini formato o conselleiro Alfonso Rueda e os responsables da secretaría xeral de Turismo, Carmen Pardo e o responsables do Xacobeo.
Pese a comerse de pé e con presa, deixou pegada o que amosa que as potencialidades do cocido pasan, non só, por ser un prato de mantel e conversa relaxada, senon como unha alternativa para comela en formato menos convencional como en pincho ou en plan buffet como o que se fixera no seu día en Canarias.
Non só os políticos marcharon satisfeitos co Cocido senon os visitantes e un bon número de touroperadores que participaron na degustación do domingo.
Na feira tiven ocasión de saudar a un dos cartelistas do Cocido, a Moncho Borrajo que estaba como convidado do stand da Deputación de Ourense.
 |
 | |
 |
|
|
|