 |
 |
 |
|
 |
 |
 |
16/11/2009 |
 |
|
 |
Un vistazo virtual a Lalín |
 |
Que Internet é unha ferramenta de traballo, estudio, ocio e entretenemento e algo que non lle escapa a ninguén a estas alturas e, nese mundo do virtual, a firma Google e pouco menos que o rei. Nos pasados días, a ferramenta cartográfica de Google (maps.google.es/maps) incorporou vistas de 360º a nivel de peón de algunhas das estradas e rúas do casco urbán e aledaños.
O apartado "street view" deixanos ver con todo luxo de detalles enclaves do noso concello como as recén amañadas rotondas, o escudo de entrada o polígono Lalín 2000 ou unhas impresionantes vistas do "cruce dos cabalos" e da rotonda da "Venus do Deza".
É esta unha ferramenta moi útil para poder coñecer lugares a onde vas a viaxar, polo que moitas poden ser as persoas que se acheguen a nosa zona que poden ver os nosos atractivos a traveso desta páxina con anterioridade.
Tamén os nosos emigrantes, que leven moito tempo fora, poderán ollar como mudou a vila e as melloras estéticas e urbanísticas que se acometeron.
 |
 | |
 |
|
|
|